Mostrando entradas con la etiqueta RITMO E DANZA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RITMO E DANZA. Mostrar todas las entradas

3/10/11

Papiroflexias

O vindeiro venres 7 de outubro na Praza de Azcárraga de A Coruña ás 18.30 hrs. A compañía de danza CONTRA2 presenta PAPIROFLEXIAS, espectáculo de danza para nen@s.


O espectáculo inspíranse no libro O principiño de Antoine de Saint Exupéry, creando un asteroide onde todo é de papel. Os habitantes deste planeta, despois de viaxar planeta por planeta chegan á terra, onde descubren unha grande traxedia: para facer papel hai que talar árbores. É por iso que toman como obxectivo transmitir unha grande mensaxe ós mais cativos: a de Reducir, Reciclar e Reutilizar… e o que é máis importante… XOGAR!!!!

Guirnaldas de bandeiras, comecocos xigantes, paxariñas, rás de papel, faroliños chineses, batallas de bolas de papel, cañóns de confetti ou voadas de avións de papel servirán para imprimires ritmo a esta montaxe de case unha hora de duración e que seguro que farán as delicias, tanto dos máis cativos, coma dos seus acompañantes maiores.

Deixamos un vídeo para que lle botedes unha ollada.


2/10/11

Body percussion books

Javier Romero Naranjo saca ao mercado esta nova publicación na que fai unha introdución ao método BAPNE, estructurada en tres tomos articulados por módulos temáticos diferentes, nos que se abarcan os catro primeiros niveis do método.

O método BAPNE está fundamentado no aporte conxunto de varias disciplinas, que levan ao desenvolvemento das intelixencias múltiples a través da didáctia da percusión corporal.

Biomecánica
Anatomía
Psicología
Neurociencia
Etnomusicología

Neste blog podes afondar máis sobre os contidos dos distintos volumes.


29/4/11

Noraboa para tod@s @s danzarines!!

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Danza polo que todos aqueles que temos algún tipo de vínculo con esta disciplina, xa sexa como público ou como parte activa, estamos de noraboa e de festa.

Deixámosvos o manifesto deste día tan especial, escrito por Anne Teresa de Keersmaeker.

"Creo que la danza es la celebración de lo que nos hace humanos. Cuando bailamos, usamos de una forma muy natural, los mecanismos de nuestro cuerpo y todos nuestros sentidos para expresar alegría, tristeza, aquello que nos toca el corazón. La gente baila para celebrar los momentos cruciales de sus vidas y nuestros cuerpos llevan el peso de la memoria de todas las experiencias humanas posibles.


Laura Castro (CDAN Lugo). Foto: Fernando De Valenzuela

Podemos bailar en solitario y podemos bailar en grupo. Podemos compartir lo que nos une, lo que nos diferencia a unos de otros. Para mí, bailar es una forma de pensar. A través de la danza podemos encarnar las ideas más abstractas e incluso revelar lo que no podemos ver, lo que no podemos nombrar.

La danza es un vínculo entre personas, un puente entre el cielo y la tierra. Llevamos el mundo en nuestros cuerpos. A fin de cuentas, pienso que cada instante de danza forma parte de una función más vasta, de una coreografía que no tiene principio ni fin".

22/4/11

Crebanoces

Con esta historia emocionarémonos coa tenrura de Clara (Marie), a forza e a valentía do Crebanoces e a mezquindade do Rei dos Ratos, nunha fascinante historia de amor e lealtade.

Existen moreas de posibilidades de traballar este ballet nas aulas de música, a través de distintos soportes:


LECTURA
:

Cascanueces
(2006)
Esta atractiva versión de Nick Denchfield, en pop-up pertence á colección Clásicos Fabulosos, para maiores de 3 anos.



CONTOS MUSICADOS
:

El Cascanueces
(Libro con CD)


Este libro da editorial Bellaterra Música, está inspirado no relato de Hoffmann.

No CD podemos escoitar a narración do conto e as músicas adaptadas para un grupo de cámara da Suite do ballet El Cascanueces, op. 71a, que inclúe: a Obertura, a Marcha, a Danza da Fada de Azucre, a Danza Rusa Trepak, a Danza Árabe, a Danza China, a Danza dos Mirlitóns e o Valse das frores.

Está pensado para rapaces a partir dos 6 anos.

Cascanueces (con CD):


Nesta edición do 2006, o coñecido conto de fadas vai acompañado máxicas ilustracións cheas de vida e dun completo CD de música, no que se inclúe a narración do relato.

Editorial Malsinet



CONTO MUSICADO CON IMAXES

A web musicaeduca.es ofrécenos esta idea de Eva Alonso, con ilustracións de José Rubio Malagón e produción de Ismael Pantaleón.
Enlace



CURTAMETRAXE:
Cascanueces (1973) é unha curta dirixida e escrita por Boris Stepanstev, realizada nos estudos Soyuzmultfilm.
Trátase dunha peli sen diálogos, con escenarios debuxados a man e personaxes superpostos, coa música do ballet, composta por P.I. Tchaikovsky como banda sonora.



PELÍCULA:

El príncipe Cascanueces (1994) é un filme de animación 2D, da produtora Goodtime, dirixido por Toshiyuki Hiruma Takashi.

Esta longametraxe fai que esta historia de eterno Nadal cobre vida a través de novos personaxes animados. Todos os nenos quedarán encantados cando o Crebanoces leve a Marie a visitar o seu reino marabilloso, no que navigarán polo Río de Mel, comerán estrelas fugaces convertidas en doces ciruelas, pasearán a través do Bosque de Nadal e bailarán no Castelo de Mazapán.




El príncipe cascanueces
(1990) é tamén unha peli da Warner Bros, producida por Manga Films e dirixida por Paul Schibli.








El Cascanueces Chiflado
(1999) é unha película estadounidense de animación, dirixida por Harold Harris.
Esta versión da un novo, divertido e tolo xiro ao popular conto de Hoffman.

PARA PARTIRTE DE RISA!!



O BALLET

O ballet (1892) está baseado nos relatos de E.T.A. Hoffman, con libreto de Marius Petipa, coreografía de Lev Ivanov
e música de P. I. Tchaikovsky.

Vemos un fragmento do principio do ballet, interpretado polo Royal Ballet de Londres (2008) no Covent Garden.



19/4/11

Bolero de Ravel

Bolero é unha obra musical creada polo compositor francés Maurice Ravel, estreada na Opera Garnier de Paris en 1928, con coreografía de Bronislava Nijinska e decorados de Alexandre Benois, encargada pola empresaria e bailarina Ida Rubinstein, quen interpretaría o rol principal.

Foi inspirada nunha danza española e caracterízase por un ritmo e un tempo invariables, con unha melodía repetitiva na que se van engadindo os instrumentos por acumulación.

Atopamos esta peza en distintos formatos, que poden servirnos de soporte para levar a audición ás nosas aulas. Mostramos algúns exemplos:

A Danza española:
Éste é un fragmento da coreografía de Antonio Gades Bolero:



A Danza Contemporánea:
Maurice Béjart tamén coreografiaría a melodía de Ravel. Neste vídeo podemos ver a interpretación da bailarina francesa Sylvie Guillem.



Curtametraxe
:
Esta curta forma parte de la película Allegro non troppo escrita, dirixida e debuxada por Bruno Bozzetto en 1977



Banda "movidita":
Esta versión da DCI Blast é moi peculiar. Paga a pena botarlle unha ollada.



Con gaita:
Tamén atopamos a versión interpretada por Carlos Núñez á gaita, na compaña da Orquestra Fuzileiros de Rio de Janeiro.

30/3/11

Coca Cola Limón

Spot publicitario protagonizado por Mayumaná, grupo israelí multidisciplinar que fusiona teatro, danza e percusión. A palabra de orixe hebrea mayumaná (habilidade, destreza) describe moi ben os espectáculos da compañía, como se pode observar neste anuncio.




Curiosamente o ritmo empregado por Mayumaná é tomado do noso propio folclore, das xotas das panaderas, ritmo castelán que se empregaba para acompañar o monótono e repetitivo movemento do seu traballo. Nestes vídeos vemos exemplos destas cancións a ritmo de xota:




Enlace
Podemos empregar a percusión corporal e a voz como ferramenta para traballar o ritmo e a expresión corporal nas nosas aulas. Mestres como Javier Romero Naranjo teñen interesantes propostas didácticas nesta liña.
Este é un exemplo:

13/3/11

Lago dos Cisnes

Investigando na rede atopei unha simpática curta de Wil Mobberley sobre o fragmento dos pequenos cisnes, do ballet O Lago dos Cisnes, interpretado por uns habilidosos imperdibles. Esperamos que vos guste:



A versión que se conserva deste ballet, coreografiado por Lev Ivanov e Marius Petipa en 1895, con música de P. I. Tchaikovsky, podemos vela neste vídeo interpretado polo corpo de baile da Ópera de París.

Método BAPNE en diferentes culturas

Javier Romero Naranjo presenta un pack con material didáctico coa fin de brindar novos recursos para os mestres, baseándose na percusión corporal de diferentes culturas, seguindo as liñas do método BAPNE.

O material é moi completo, xa que inclúe actividades para traballar con pizarra dixital, libros dixitais, webquest, videotecas,... recollidas en 10 volumes en DVD-Rom, divididos por niveis.

O método BAPNE é un método creado por Javier Romero que ten como finalidade desenvolver as intelixencias múltiples a través da fundamentación e a sistematización da didáctica da percusión corporal.

Se queres completar a información sobre este pack, sobre o método BAPNE ou sobre algún curso para profesores consulta este blog



12/3/11

Zampadanzas do mundo: as danzas á carta


Divertido compendio de danzas do mundo unidas polo fío dun pequeno e lírico conto: a historia dun cociñeiro que aprende, pouco a pouco, a bailar viaxando por diferentes países.

A publicación vai acompañada dun CD coas cancións correspondentes a cada baile e unha pista de vídeo na que ver un exemplo das coreografías.

Zampadanzas pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados ao baile e ás músicas do mundo.

As autoras son Mercedes Prieto e Marta Pereira Coutinho, con ilustracións de Serxio Cobos.

Así fan os bailadores

Así fan os bailadores é un libro moi recomendado como guía para os mestres de educación primaria, xa que contén unha compilación de danzas e bailes tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego.

O libro consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ao vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que servirá de apoio para a execución dos bailes nas aulas.

Os autores do libro son:
János Fügedi, profesor na Academia Húngara de Danza e investigador,
Xabier Iglesias, mestre de baile tradicional galego e investigador da cultura tradicional, Juan Parga, músico e mestre especializado en Educación musical e Sergio de la Ossa, etnomusicólogo.

Nesta páxina podedes atopar un exemplo de danza, A Piruxalda, coa súa correspondente explicación, partitura e vídeo.

http://www.dosacordes.com/bailadores/#

Pedro e o lobo

Pedro e o lobo é unha composición sinfónica de Sergéi Prokófiev, baseada nun conto popular ruso e feita por encargo coa intención de cultivar os gustos musicais dos nenos. Os intérpretes son o narrador e a orquestra, da que cada instrumento representa un personaxe e ten o seu propio leitmotiv.

Esta obra bríndanos unha ampla gama de formas de levala ás aulas, a través de calquer área de coñecemento.

O CONTO


Miguelanxo Prado fai unha adptación da historia orixinal creada por Prokófiev, ambientada nun bosque galego, nunha atmósfera terrorífica na que se desenvolve este conto de "pánico". As extraordinarias ilustracións de Prado convirten este relato clásico nunha delicia para todos los públicos. Vemos algunha das súas páxinas:


















INSTRUMENTOS
Neste link atoparedes unha proposta de actividades baseadas no conto, para traballar o recoñecemento auditivo e visual dos distintos instrumentos e leitmotivs dos personaxes.

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=1371


Proposta didáctica elaborada polo CEIP Mas Casanovas de Barcelona

DANZA


Outra forma de achegarnos a esta obra é a través do ballet interpretado polos alumnos do Royal Ballet School en 1995, con coreografía de Matthew Hart e narrada polo ilustre bailarín Anthony Dowell, coa música orixinal de S. Prokófiev. Esta versión podedes atopala á venda en DVD.

Adxunto o fragmento no que os cazadores tratan de atrapar ao lobo cunha corda. Espero que vos guste.



Neste fragmento vemos unha fermosa charca, na que van aparecendo os personaxes protagonistas, en torno a unha moderna e peculiar árbore, que podemos ver ao fondo.



Outra versión bailada en técnica contemporánea é a de In the wings, con coreografía de Didi Valdman e dirixida por Anne Geenen. Nesta peza mixtúrase a tradición do conto coa modernidade da linguaxe corporal dos bailaríns. Esperamos que vos guste.




CURTAS DE ANIMACIÓN



Disney ten a súa versión para todos os públicos en formato de filme de animación, dirixida por Clyde Geronimi, con música de Edward H Plumb e guión de Eric Gurney e Dick Huemer (1946)

Na versión dobrada ao español a voz é de Raúl Matas. Vemos un dos cortes:



Atopamos outra curta de Pedro e o Lobo gañadora dun oscar en 2008, dirixida por Suzie Templeton e realizada en stop -motion con retoques en 3D.

Non existe ningún diálogo en toda a curta e cada un dos personaxes está representado por un instrumento musical.

Podes mercar o DVD a través de amazon.com. Este é o seu trailer.





11/3/11

Colhogar

Colhogar presenta un simpático anuncio, protagonizado por unha peculiar bailarina, que "interpreta" un fragmento lo Lago dos Cisnes, con música de P. I. Tchaikovsky.



A compañía de danza Los Ballets de Trockadero de Monte Carlo está composta por homes bailaríns que parodian papeles de repertorio clásico femininos, esaxerando as ciscustancias da narrativa e os accidentes en escena. Esta agrupación ten unha versión deste fragmento do ballet do Lago dos Cisnes, denominada Little Swans (os pequenos cisnes), na que podedes ver un despliegue de técnica e humor. Espero que vos guste.

10/3/11

Na punta do pé


Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

Material moi recomendado para as nosas aulas.



Para os máis atrevidos Pesdelán ofrece obradoiros de baile galego e portugués. Se queres máis información consulta a páxina:

http://www.merlobranco.com/pesdelan_ga.html