Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas

18/6/11

"Si algo se puede hacer mejor, hagámoslo mejor" (Stravinsky)

A aportación de Stravinsky á campaña publicitaria de BMW é o andantino, que forma parte do terceiro movemento da Suite Pulcinella, peza que ensaia ata obter o resultado esperado. Nas imaxes podemos observar como o seu nivel de perfeccionamento queda moi patente a cada segundo, coidando ata o máis mínimo detalle.


Ígor F. Stravinski foi un compositor e director de orquestra ruso, considerado un dos músicos máis importantes e trascendentes do SXX.



Atopamos a obra de Stravinsky en formato libro-cd, que contén dous contos ilustrados a partir de debuxos que describen as escenas da peza. A publicación é da editorial agruparte e está
narrada por Fernando Palacios.

22/4/11

Crebanoces

Con esta historia emocionarémonos coa tenrura de Clara (Marie), a forza e a valentía do Crebanoces e a mezquindade do Rei dos Ratos, nunha fascinante historia de amor e lealtade.

Existen moreas de posibilidades de traballar este ballet nas aulas de música, a través de distintos soportes:


LECTURA
:

Cascanueces
(2006)
Esta atractiva versión de Nick Denchfield, en pop-up pertence á colección Clásicos Fabulosos, para maiores de 3 anos.



CONTOS MUSICADOS
:

El Cascanueces
(Libro con CD)


Este libro da editorial Bellaterra Música, está inspirado no relato de Hoffmann.

No CD podemos escoitar a narración do conto e as músicas adaptadas para un grupo de cámara da Suite do ballet El Cascanueces, op. 71a, que inclúe: a Obertura, a Marcha, a Danza da Fada de Azucre, a Danza Rusa Trepak, a Danza Árabe, a Danza China, a Danza dos Mirlitóns e o Valse das frores.

Está pensado para rapaces a partir dos 6 anos.

Cascanueces (con CD):


Nesta edición do 2006, o coñecido conto de fadas vai acompañado máxicas ilustracións cheas de vida e dun completo CD de música, no que se inclúe a narración do relato.

Editorial Malsinet



CONTO MUSICADO CON IMAXES

A web musicaeduca.es ofrécenos esta idea de Eva Alonso, con ilustracións de José Rubio Malagón e produción de Ismael Pantaleón.
Enlace



CURTAMETRAXE:
Cascanueces (1973) é unha curta dirixida e escrita por Boris Stepanstev, realizada nos estudos Soyuzmultfilm.
Trátase dunha peli sen diálogos, con escenarios debuxados a man e personaxes superpostos, coa música do ballet, composta por P.I. Tchaikovsky como banda sonora.



PELÍCULA:

El príncipe Cascanueces (1994) é un filme de animación 2D, da produtora Goodtime, dirixido por Toshiyuki Hiruma Takashi.

Esta longametraxe fai que esta historia de eterno Nadal cobre vida a través de novos personaxes animados. Todos os nenos quedarán encantados cando o Crebanoces leve a Marie a visitar o seu reino marabilloso, no que navigarán polo Río de Mel, comerán estrelas fugaces convertidas en doces ciruelas, pasearán a través do Bosque de Nadal e bailarán no Castelo de Mazapán.




El príncipe cascanueces
(1990) é tamén unha peli da Warner Bros, producida por Manga Films e dirixida por Paul Schibli.








El Cascanueces Chiflado
(1999) é unha película estadounidense de animación, dirixida por Harold Harris.
Esta versión da un novo, divertido e tolo xiro ao popular conto de Hoffman.

PARA PARTIRTE DE RISA!!



O BALLET

O ballet (1892) está baseado nos relatos de E.T.A. Hoffman, con libreto de Marius Petipa, coreografía de Lev Ivanov
e música de P. I. Tchaikovsky.

Vemos un fragmento do principio do ballet, interpretado polo Royal Ballet de Londres (2008) no Covent Garden.



Ola ola lá!


Ola ola lá! (2010) é o novo traballo discográfico de Mamá Cabra, da Editorial Galaxia. Neste libro (que inclúe CD e DVD) poderedes escoitar as novas cancións da agrupación que, nesta ocasión, faise acompañar por un coro de voces do máis divertido, dirixido por Ramón Bermejo. Colaboran Sergio Tannus e Gende Beat coa percusión e o beat vox, respectivamente.


Podemos descargar algúns exemplos en mp3 na web de Mamá Cabra

20/4/11

Cambio de destino




Éste é un pequeno conto representado con marionetas que montamos para a materia de Ed. Física.
A calidade de son é bastante mala.
Esperamos que vos guste!! Pasámolo moi ben facéndoa.



Poderíamos realizar propostas deste estilo nas nosas aulas, sendo os rapaces os creadores das marionetas, do guión, do atrezzo e das músicas da súa propia representación.


ELENCO (por orde de apariencia):

NARRADOR- Carlos Díaz.

MORTICIA, unha morte moi pija- Cristina Lata.

SÚPER MARIO BROS, convertido no Dr. Mario- Odette Pazos.

MANOLITO, o MARIQUITO- David López.

MORRITOS- Alba Mª Fernández.

MIKE- Carlos Díaz.

GUIÓN E ELABORACIÓN DE PERSONAXES: Carlos Díaz, Alba Mª Fernández, Cristina Lata, David López, Odette Pazos.

DESEÑO DE ATREZZO:Odette Pazos, Alba Mª Fernández

MONTAXE DE AUDIO: Cristina Lata

MÚSICA: Chopin, Melodías del Súper Mario Bros, Mika, B.S.O. Aladdín

19/4/11

Concerto para animais

Este é un libro+cd publicado no 2005, no que a literatura popular colombiana proporciónanos un fantástico poema a partir do cal a Orquesta Sinfónica de Galicia interpreta unha composición creada expresamente polo músico Andrés Valero. Esta quinta entrega da COLECCIÓN SONDECONTO, de KALANDRAKA, resulta tamén moi atractiva polo peculiar estilo co que Roger Olmos realizou unhas ilustracións cheas de colorido.

O compositor convida a participar ao público infantil no concerto, tarareando a melodía ou acompañando aos músicos coas palmas.

Exemplar dispoñible en galego e en castelán.

8/4/11

W. A. Mozart nos contos

Presentámosvos algúns exemplos de libros que nos mostran a figura deste compositor dunha forma moi atractiva e lúdica.


Da A ao Z co Mozart e coa música

Rafael Cruz-Contarini
Ed Everest

As letras achégannos á música e á vida deste xenial compositor. Sumérxete neste marabilloso mundo das letras e das notas musicais!
A de Amadeus. N de Nota. Q de quinteto...




Las tres mellizas y Wolfgang Amadeus Mozart + DVD

Roser Capdevila
Ed Cromosoma

As tres nenas viven aventuras co músico e explican quen foi, onde viviu e que música compuxo.

O exemplar inclúe DVD



Mozart
, el pequeño mago
Anna Obiols
Ed Lumen

O libro ilustra como transcorreu a súa infancia e como compuxo a súa derradeira ópera, A Frauta Máxica.
Esta historia comeza cando a misteriosa Raíña da Noite promételle ao príncipe Tamino que si rescata á súa filla do secuestro de Sarastro poderá obter a súa man. Contará coa súa axuda, ademáis, dunha frauta máxica que pode cambiar os estados de ánimo de quen escoite a súa música.
Este fantástico álbum ilustrado inclúe, ademáis, un CD cos fragmentos máis destacados desta memorable ópera.




Strado & Varius. Un encuentro con Mozart

Martina Skala
Ed Aljibe

Varius, o violinista e Strado, o violín, van dar un concerto a Praga. A víspera da representación Strado escoita un extraño ruido e atópase co espírito de Mozart. A partir de este momento comeza unha tola historia do músico e o seu violín polas rúas de Praga, Case unha aventura policíaca onde resulta delicioso ver como a ilustradora transforma en personaxes a instrumentos musicais, notas e partituras.





El secreto de Mozart

Mikel Valverde
Ed Alfaguara

Wolfgang Amadeus Mozart diríxese a Viena xunto coa súa familia para tocar ante a emperatriz. No camiño crúzase cun malvado personaxe que trata de averiguar o segredo polo que o pequeno Mozart toca tan ben. Conseguirá averiguarlo?







Musicando con Mozart. La flauta mágica

Montse Sanuy
Susaeta Eddiciones

Se percorres as divertidas páxinas do libro, atoparás moitas curiosidades sobre a vida de Mozart e a súa época.




21/3/11

O conto dos silencios


A cidade da música,
ocúrreseche algo que poida acontecer nunha cidade así?
......mmmmm se despois de moito pensar non se che ocorre nada, o mellor é que te deleites coa historia deste conto.

So che adianto que pola rúa non andan os coches senon as notas musicais.

12/3/11

Melodía en la ciudad




Benjamin Lacombe
escribe esta marabillosa historia na que Alejandro, coa chegada do circo e o desinterés pola escola, descubre e seu talento innato que ata o momento se mantiña oculto grazas a súa nova amiga do circo. Sumérxete na lectura para descubrir o seu TALENTO!!!
A historia é magnífica e as imaxes aínda máis!!!
Está publicado na editorial Edelvives.

Todos os animais ao caixón


Todos os animais ao caixón
é unha colaboración de Mamá Cabra e Susa Herrera, na que presentan cancións que acompañan ás páxinas do libro.

Nestes links podedes atopar algúns exemplos de cancións, partituras e outras publicacións de Mamá Cabra

http://mamacabra.com/animais.html

http://mamacabra.wordpress.com/partituras/


La isla de los sonidos

La isla de los Sonidos é un libro-conto infantil, acompañado dun CD con audicións que nos pode servir para iniciar na música clásica aos máis pequenos dunha forma divertida. Ao frente desta proposta está Inma Shara, directora española de gran carisma e proxección internacional.

Se pinchades aquí podedes achegarvos máis ao libro, xa que atoparedes vídeos, comentarios da autora e parte das audicións.

Neste enlace
podedes botar unha ollada a un fragmento da obra

Este pode ser un bo material didáctico para as aulas e un bo regalo para os nosos pequenos máis cercanos. Espero que vos guste


Pedro e o lobo

Pedro e o lobo é unha composición sinfónica de Sergéi Prokófiev, baseada nun conto popular ruso e feita por encargo coa intención de cultivar os gustos musicais dos nenos. Os intérpretes son o narrador e a orquestra, da que cada instrumento representa un personaxe e ten o seu propio leitmotiv.

Esta obra bríndanos unha ampla gama de formas de levala ás aulas, a través de calquer área de coñecemento.

O CONTO


Miguelanxo Prado fai unha adptación da historia orixinal creada por Prokófiev, ambientada nun bosque galego, nunha atmósfera terrorífica na que se desenvolve este conto de "pánico". As extraordinarias ilustracións de Prado convirten este relato clásico nunha delicia para todos los públicos. Vemos algunha das súas páxinas:


















INSTRUMENTOS
Neste link atoparedes unha proposta de actividades baseadas no conto, para traballar o recoñecemento auditivo e visual dos distintos instrumentos e leitmotivs dos personaxes.

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=1371


Proposta didáctica elaborada polo CEIP Mas Casanovas de Barcelona

DANZA


Outra forma de achegarnos a esta obra é a través do ballet interpretado polos alumnos do Royal Ballet School en 1995, con coreografía de Matthew Hart e narrada polo ilustre bailarín Anthony Dowell, coa música orixinal de S. Prokófiev. Esta versión podedes atopala á venda en DVD.

Adxunto o fragmento no que os cazadores tratan de atrapar ao lobo cunha corda. Espero que vos guste.



Neste fragmento vemos unha fermosa charca, na que van aparecendo os personaxes protagonistas, en torno a unha moderna e peculiar árbore, que podemos ver ao fondo.



Outra versión bailada en técnica contemporánea é a de In the wings, con coreografía de Didi Valdman e dirixida por Anne Geenen. Nesta peza mixtúrase a tradición do conto coa modernidade da linguaxe corporal dos bailaríns. Esperamos que vos guste.




CURTAS DE ANIMACIÓN



Disney ten a súa versión para todos os públicos en formato de filme de animación, dirixida por Clyde Geronimi, con música de Edward H Plumb e guión de Eric Gurney e Dick Huemer (1946)

Na versión dobrada ao español a voz é de Raúl Matas. Vemos un dos cortes:



Atopamos outra curta de Pedro e o Lobo gañadora dun oscar en 2008, dirixida por Suzie Templeton e realizada en stop -motion con retoques en 3D.

Non existe ningún diálogo en toda a curta e cada un dos personaxes está representado por un instrumento musical.

Podes mercar o DVD a través de amazon.com. Este é o seu trailer.





11/3/11

O flautista de Hamelin

O Flautista de Hamelin é unha curta de Walt Disney que gañou un Oscar dentro da serie de clásicos animados de onte e de hoxe. Esta inolvidable historia amósanos o poder de atracción da música.

A calidade do vídeo non é moi boa... Aínda así, esperamos que vos guste



Atopamos outras propostas para traballar este relato na aula de música como son os audio libros. Este é un bo exemplo, proposto por LBK multimedia.

9/3/11

En busca do tesouro



Aproveitando a próxima estrea da cuarta entrega da saga de Piratas del Caribe decidimos elaborar un conto musicado sobre un dos temas de maior interese do alumnado de primaria, o mundo dos tesouros e dos piratas.

As protagonistas da historia son as tres fillas do temido Capitán Jack Sparrow, que atopan un vello mapa que sinala o escondite dun tesouro. Éstas non dubidan en surcar a mar na súa procura, atopando no camiño distintos personaxes da nobreza española, un gobernador, unha taberneira e outros piratas cos que vivirán emocionantes aventuras.

A videomontaxe non pretende narrar a historia, senón que será un punto de apoio que servirá como decorado para a nosa aventura pirata.

Agardamos que vos guste



Ficha técnica
Música: Hans Zimmer, Klaus Badelt, Ludwig Minkus e Sergéi Prokófiev.
-Inicio: Tema Jack Sparrow, da BSO da película O cofre do home morto- Hans Zimmer
- Navío á vista: música do ballet A Bela Durminte, Tchaikovsky
- Nobreza española: Gavotta non troppo allegro, 3º movemento da Sinfonía Clásica de Sergéi Prokófiev
- Taberna: Tema Walk The Plank, da BSO da película A maldición da Perla Negra- Hans Zimmer, Klaus Badelt
- Fadas brancas: Tema Davy Jones, da BSO da película O cofre do home morto- Hans Zimmer
- Corsario Negro- música do ballet La Bayadére- Ludwig Minkus
- Final- Tema The Black Pearl - da BSO da película A maldición da Perla Negra - Hans Zimmer, Klaus Badelt
Narración: Pablo De Valenzuela.
Selección musical e guión: Rita Bouzada e Gemma Martínez. Conto baseado nas películas de Piratas del Caribe.
Montaxe de son e vídeo: Cristina Lata. Para a montaxe de vídeo empregáronse imaxes das películas de Piratas do Caribe e outras secuencias animadas en 3D por Fernando de Valenzuela.

Proposta didáctica
O conto poderá traballarse a partir dunha produción artística, de forma interdisciplinar, onde estean implicadas as seguintes materias:
- Lingua e literatura: a través da lectura de textos sobre piratas e a elaboración do guión do conto.

 En LINGUA ESPAÑOLA  temos a proposta da editorial Everest: un cofre do tesouro que agocha dous libros da colección de Jack Sparrow, xunto cos elementos necesarios para poder vivir as aventuras deste famoso pirata (mapa do tesouro, parche pirata...)

 
En LINGUA GALEGA, un exemplo en verso é o conto "O PIRATA METEPATA" (Bahía Edicións). 


- Coñecemento do medio: a través da contextualización histórica do momento no que viviron os piratas, así como tamén a incidencia destes no panorama galego (por exemplo o pirata Drake na Coruña)
- Educación para a cidadanía: partindo dun xogo de rol no que a metade da clase sexan piratas e a outra metade da nobreza española, incidindo nas características de cada un dos personaxes e as súas particularidades nas vestimenta, costumes, modos de falar e de comportarse,…
- Educación visual e plástica: na que se traballarán os decorados e o vestiario para a escena.
- Educación física: na que se estudarán os distintos personaxes do conto e a súa dramatización.
- TIC: poderán traballar gravación dos sons e as partes narradas, ás que se lles poderá incluír algunha imaxe de fondo.
- Educación musical: na que se traballará:
1. A percepción musical e a escoita activa das melodías a empregar para o conto, discernindo os distintos carácteres dos instrumentos, que nos axudan a representar emocións ou a describir situacións concretas. Por exemplo:
· Navío a la vista: sección de vento metal (carácter do instrumentos de metal, fortes e poderosos, comandados pola trompeta, de son especialmente brillante e a trompa, que destaca por representar as batallas)
· Corsario negro: sección metal (destacan trombóns, carácter grave, escuro).
· Canción do soño: son envolvente, delicado, que recorda as caixiñas de música,de carácter tranquilo e ensoñador.
· Música de taberna: sección de corda, representando carácter popular e festivo, de celebración, moi rítmico, que invita ao movemento.
2. Traballaranse os distintos sons que ambientan a peza
3. Estudo das danzas e os momentos pantomímicos das tres piratas, da taberna, das fadas brancas e do Corsario Negro e seu séquito de piratas.
4. Interpretación instrumental
· Adaptación para grupo de placas da parte do soño





· Traballar un arranxo do tema principal da película Piratas del Caribe con frauta doce. Éste está insertado desde o noteflight.


 Para facilitar o seguimento e a execución da partitura, as TROTAMÚSICAS elaboramos un vídeo-musicograma, baseado na proposta de Juan Fran Moreno.


Finalmente poderían facer unha posta en escena do traballo, no que se verá un resultado global froito da colaboración entre o grupo de mestres/as e de alumnos/as.