Bolero é unha obra musical creada polo compositor francés Maurice Ravel, estreada na Opera Garnier de Paris en 1928, con coreografía de Bronislava Nijinska e decorados de Alexandre Benois, encargada pola empresaria e bailarina Ida Rubinstein, quen interpretaría o rol principal.
Foi inspirada nunha danza española e caracterízase por un ritmo e un tempo invariables, con unha melodía repetitiva na que se van engadindo os instrumentos por acumulación.
Atopamos esta peza en distintos formatos, que poden servirnos de soporte para levar a audición ás nosas aulas. Mostramos algúns exemplos:A Danza española:
Éste é un fragmento da coreografía de Antonio Gades Bolero:
A Danza Contemporánea:
Maurice Béjart tamén coreografiaría a melodía de Ravel. Neste vídeo podemos ver a interpretación da bailarina francesa Sylvie Guillem.
Curtametraxe:
Esta curta forma parte de la película Allegro non troppo escrita, dirixida e debuxada por Bruno Bozzetto en 1977
Banda "movidita":
Esta versión da DCI Blast é moi peculiar. Paga a pena botarlle unha ollada.
Con gaita:
Tamén atopamos a versión interpretada por Carlos Núñez á gaita, na compaña da Orquestra Fuzileiros de Rio de Janeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario