Mostrando entradas con la etiqueta AUDICIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AUDICIÓNS. Mostrar todas las entradas

18/6/11

"Si algo se puede hacer mejor, hagámoslo mejor" (Stravinsky)

A aportación de Stravinsky á campaña publicitaria de BMW é o andantino, que forma parte do terceiro movemento da Suite Pulcinella, peza que ensaia ata obter o resultado esperado. Nas imaxes podemos observar como o seu nivel de perfeccionamento queda moi patente a cada segundo, coidando ata o máis mínimo detalle.


Ígor F. Stravinski foi un compositor e director de orquestra ruso, considerado un dos músicos máis importantes e trascendentes do SXX.



Atopamos a obra de Stravinsky en formato libro-cd, que contén dous contos ilustrados a partir de debuxos que describen as escenas da peza. A publicación é da editorial agruparte e está
narrada por Fernando Palacios.

21/4/11

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

O arquivo é público e accesible desde calquera lugar do mundo a través da páxina web, na que a través do buscador podemos atopar recollidos en pista de audio e en partituras as testemuñas orais do noso pobo.

20/4/11

A disfrutar cos Musicogramas!!!!

Viaxando por internet atopámonos con este enlace Canal youtube: musicogramas, que nos leva aos musicogramas de varios compositores entre os que destacan: Liszt, Mozart, Vicent Lo, Chopin, Brahms, Beethoven, Bach, Debussy e moitos máis. Os musicogramas amósanse con cores e alturas, ao mesmo tempo que o escoitas vai seguindo o ritmo da audición.

Brahms " Piano Cuarte en Do Menor"





Pachelbel " Canon en Re"






Beethoven "Para Elisa"





Tárrega "Recuerdos de la Alhambra"


19/4/11

Bolero de Ravel

Bolero é unha obra musical creada polo compositor francés Maurice Ravel, estreada na Opera Garnier de Paris en 1928, con coreografía de Bronislava Nijinska e decorados de Alexandre Benois, encargada pola empresaria e bailarina Ida Rubinstein, quen interpretaría o rol principal.

Foi inspirada nunha danza española e caracterízase por un ritmo e un tempo invariables, con unha melodía repetitiva na que se van engadindo os instrumentos por acumulación.

Atopamos esta peza en distintos formatos, que poden servirnos de soporte para levar a audición ás nosas aulas. Mostramos algúns exemplos:

A Danza española:
Éste é un fragmento da coreografía de Antonio Gades Bolero:



A Danza Contemporánea:
Maurice Béjart tamén coreografiaría a melodía de Ravel. Neste vídeo podemos ver a interpretación da bailarina francesa Sylvie Guillem.



Curtametraxe
:
Esta curta forma parte de la película Allegro non troppo escrita, dirixida e debuxada por Bruno Bozzetto en 1977



Banda "movidita":
Esta versión da DCI Blast é moi peculiar. Paga a pena botarlle unha ollada.



Con gaita:
Tamén atopamos a versión interpretada por Carlos Núñez á gaita, na compaña da Orquestra Fuzileiros de Rio de Janeiro.

As familias de instrumentos


Achegámosvos unha nova actividade que se traballará co Jclic. Nela os nen@s poderán coñecer os instrumentos da orquestra e facer xogos interactivos para recoñecer as familias. Clika na imaxe para acceder.
Está feita no Colexio La Inmacula de Algeciras.


Poden aprendelo en castelán ou dende este link "The young person's guide to the Orchestra"no que hai un xogo interactivo e de aventura, no que ao mesmo tempo que traballas a música aprendes inglés. É necesario que un se rexistre para poder xogar, pero vale a pena.


Dende este link poderás acceder ao xogo que nos propón a Orquesta de San Francisco. É moi divertido, pois ao mesmo tempo que les unha descripción do instrumento podes escoitar o seu son.

6/4/11

Música clásica para os peques da casa

Dentro das propostas de programación radiotelevisiva de temática musical para os máis pequenos, destaca a de Radio televisión española, contando con programación televisiva e radiofónica que axuda a achegar a música dunha maneira lúdica, entretida e divertida, aos nenos.

Dentro da liña de programas de música radiofónicos, a proposta de Radio Clásica, presentada por Sabrina Aguado é: EL RINCÓN DE LOS NIÑOS Pode ser unha interesante proposta de actividade complementaria ás clases de educación musical, xa que tanto o horario (sábados pola mañá) como a duración (media hora, de 10 a 10:30), é asequible para a maioría do alumnado. Nel aparecen contos, pezas musicais divertidas e entretidas, etc, que ademais de enfatizar certos contidos, entreteñen aos nenos.

Pero tamén merece especial atención o CLUB PIZZICATO, programa emitido os sábados ás 11:00 h. en "La 2", onde os nenos actúan, aprenden e xogan coa música. Ademais, en cada programa, aprenden cousas sobre a figura de grandes compositores, hai actuacións de grupos musicais, e outras sorpresas. Ademais, tamén se poden ver en liña os programas anteriores, en caso de perder un capítulo. Todo un mundo de posibilidades!!

"Sonido y oído"

Na páxina da RTVE-RNE podemos atopar moitas cousas interesantes en relación coa música, pero é especialmente interesante a publicación en versión PODCAST dos seus programas. Aínda que a maior parte deles están adicados a un público adulto, atopamos pequenas xoias, coma o programa "SONIDO Y OÍDO"


"Sonido y oído" é un programa creado por Fernando Palacios onde este mostra todo o seu arsenal pedagóxico e didáctico-musical cun enfoque persoal e creativo. Coas novas tecnoloxías podemos descargar os arquivos e empregalos nos novos medios, así que xa sabedes... a podcastear!

28/3/11

Ópera cómica_ Carmen de Bizet

Carmen é unha ópera cómica francesa de catro actos, composta por Georges Bizet en 1875. Aquí vos amosamos o primeiro "Avec la garde montante".

24/3/11

Barroco: Concerto Grosso


Achegámosvos este pequeno vídeo en catalán no que se fai unha explicación sobre o Concerto Grosso. De seguido amosa un musicograma de J. S. Bach e aparecen actividades para realizar co alumnado.

Diferentes xogos musicais

Dende está páxina web da editorial Crescendo, pódese descargar e xogar na web a diversas actividades musicais propostas para distintos ciclos. Podedes escoitar e ver como se sigue un musicograma, xogar cos compases adiviñando se a súa melodía é ascendente ou descente,... e máis. Non perdas de entrar porque un sempre se engancha nalgún xogo.


Clica aquí para entrar. Xogos CRESCENDO.

21/3/11

Papagena explícanos a linguaxe musical!!!

A través do personaxe de Papagena da ópera da Frauta Máxica de Mozart, introdúcennos nos términos da linguaxe musical máis básicos. É unha actividade entretida e moi sinxela, na que se explican de forma moi clara e lúdica os conceptos musicais .

Clica no seguinte enlace para disfrutar do xogo

Amademouse

Amademouse (1991) é o episodio 19 da colección Tom & Jerry Kids, na que os protagonistas interpretan ao piano para un monarca repertorio de Beethoven, Debussy, Mozart, Chopin e Strauss. Recoñeces as melodías?

20/3/11

Pink, plunk, plink



Pink, plunk, plink
- melodía en rosa (1966) é o episodio da Panteira Rosa no que executa a 5ª Sinfonía de Beethoven ao violín.

A Corny Concerto

A Corny Concerto- Un concerto cursi (1943), dirixida por Bob Clambet, foi a resposta a modo de parodia do equipo da Warner Bros á Fantasía de Disney. Nesta curtametraxe Elmer é un director de orquestra que introduce os dous fragmentos musicais de Johann Strauss Tales from the Viena Woods e Blue Danube

19/3/11

Long haired hare

Long-haired Hare (1948) é unha curtametraxe da Warner Bros, dirixida por Chuck Jones, na que Bugs Bunny se fai pasar polo famoso director de orquestra Leopold Stokowski, incomodando a un asustado tenor a quen obriga a interpretar pezas de Gaetano Donizetti, Richard Wagner, Franz Von Su pp é e GioacchinoRossini.



Tocata e Fuga en re m

Leopold Stokovski, personaxe ao que suplanta Bugs na curta anterior, nesta ocasión é director desta versión para orquestra sinfónica da Tocata e Fuga en Re m de J. S. Bach, para a película Fantasía, de disney.

What´s Opera, Doc?

What's Opera, Doc? (1957) é unha curtametraxe dirixida por Chuck Jones para a Warner Bros, na que Elmer persegue a Bugs nunha parodia ás óperas de Richard Wagner. Durante os seis minutos que dura a peza podemos escoitar extractos de O holandés Errante, Tannhäusser, A Valquiria ou Sigfrido.

Pincha aquí para ver a curta

17/3/11

El Barbero de Sevilla

Il barbiere di Siviglia é unha ópera bufa de Gioacchino Rossini da que algúns fragmentos foron empregados como tema principal de algunhas curtas de animación. Vemos tres exemplos:

O coello de Sevilla (1950)

É unha curtametraxe de Lonney Tunes, dirixido por Chuck Jones para a Warner Bros, na que Bugs Bunny e Elmer entran nun teatro no que se representará a ópera O Barbeiro de Sevilla.



O Paxaro Tolo en O Barbeiro de Sevilla
(1944), curta de Univelsal Pictures, dirixida por James Culhane, na que o paxaro cólase na peluquería de Tony Fígaro e afeitalle a barba a un home ao ritmo da aria Largo al Factotum



O gato abaixo e o rato arriba (1964) é unha curtametraxe da Metro Golwyng Mayer, na que Tom, que é un gran Barítono, cantará o aria Largo al Factotum da ópera O Barbeiro de Sevilla.

Johann Mouse

Johann Mouse é unha curtametraxe dirixida por Hanna e Barbera, gañadora dun Oscar. A historia está ubicada en Viena e inspirada no compositor J Strauss II. Esperamos que vos guste.

2ª Rapsodia Húngara de Liszt

A Rapsodia húngara n.º 2 é a máis famosa das dezanove Rapsodias que compuxo Liszt. A obra consta de dúas partes: Lassan (lento) e Friska (fresco rápido)

The Cat Concerto (1946) é unha curta animada da serie Tom e Jerry, dirixida por William Hanna e Joseph Barbera, gañadora dun Oscar.

Tom, un virtuoso do piano, está a dar un recital no que interpreta a 2ª Rapsodia Húngara de Franz Liszt.



Rapsody Rabbit (1946)
Nesta curta Bugs Bunny interpreta ao piano a Rapsodia nº 2 de Liszt.

Baton Bunny (1959)
Atopei esta outra curta curtametraxe de Bugs Bunny, na que dirixe a mesma melodía para orquestra. Unha mosca non cesa de incordiar e, ao ritmo da música o vai perseguindo, cometendo todo tipo de estropicios ata rematar coa orquestra, o público e, incluso, coa arquitectura do auditorio. Espero que vos guste:



Vodafone fai uso da Rapsodia nº 2 de Liszt para o seu spot publicitario, no que os usuarios executan a peza sobre os seus ordenadores portátiles e móbiles, dirixidos por un lonxano conductor de orquestra.

Audi. Marcha Turca

A marca comercial Audi ofrécenos un orixinal anuncio, apoiándose na melodía da Marcha Turca de W A Mozart, interpretada por sons con botellas de cristal



O grupo de rock/folk español Mago de Oz preséntannos a súa versión da peza de Mozart a través duns músicos de plastilina. O resultado é diferente e orixinal, a ver que vos parece.