Mostrando entradas con la etiqueta TROTA-BUSCADORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TROTA-BUSCADORES. Mostrar todas las entradas

4/5/11

Bivem (Biblioteca Virtual de Educación Musical)

O BIVEM é a primeira biblioteca virtual en español especializada en recursos de Educación Musical. Os principais servizos que ofrece son:

1. Unha extensa colección de sitios web relacionados coa educación musical, catalogados por temáticas.

2. Unha gran selección de artigos, experiencias e outros documentos de interese

3. Un servizo de publicacións en liña, onde se poden subir traballos propios para dalos a coñecer.




25/4/11

Buscador de recursos educativos

Tiching é un buscador de recursos educativos dixitais para mestres, pedagogos, pais e membros da comunidade educativa.

21/4/11

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

O arquivo é público e accesible desde calquera lugar do mundo a través da páxina web, na que a través do buscador podemos atopar recollidos en pista de audio e en partituras as testemuñas orais do noso pobo.