Mostrando entradas con la etiqueta LINGUAXE MUSICAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUAXE MUSICAL. Mostrar todas las entradas

25/4/11

A PDI na clase de música

Co auxe das TIC´s, que mellor que poder introducilas tamén coa música, para que de forma máis lúdica poidan ir asimilando conceptos musicais básicos. Dende aquí faise unha proposta de diferentes webs nas que se poden obter materiais para utilizar coa PDI na vosa clase de música.

PDi música, é unha páxina moi interesante, o único problema e que non é libre para poder descargar os contidos que ten organizados por bloques, senón que hai que facer unha suscripción. Pero polo demáis vale a pena.
En clave Tic amósanos diferentes xogos para traballar dende a pizarra dixital distintos contidos musicais.
LenMus Phonascus actividades para aprender a ler as partituras e exercitar o oído.
Generador Audiomusic Permite dividir unha canción en partes iguais e facer un puzzle. Divertido para utilizar coa PDI.

21/4/11

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

O arquivo é público e accesible desde calquera lugar do mundo a través da páxina web, na que a través do buscador podemos atopar recollidos en pista de audio e en partituras as testemuñas orais do noso pobo.

20/4/11

A disfrutar cos Musicogramas!!!!

Viaxando por internet atopámonos con este enlace Canal youtube: musicogramas, que nos leva aos musicogramas de varios compositores entre os que destacan: Liszt, Mozart, Vicent Lo, Chopin, Brahms, Beethoven, Bach, Debussy e moitos máis. Os musicogramas amósanse con cores e alturas, ao mesmo tempo que o escoitas vai seguindo o ritmo da audición.

Brahms " Piano Cuarte en Do Menor"





Pachelbel " Canon en Re"






Beethoven "Para Elisa"





Tárrega "Recuerdos de la Alhambra"


12/4/11

Partituras Sonoras

Aquí vos deixo parte do traballo realizado co alumnado de 2º de EP, que plasmaron a altura dos sons en diversas partituras: animais, obxectos, ferramentas... Todo un mundo cheo de posibilidades que hai que explorar!










2/4/11

A música a través do videoxogo

A través desta páxina do Ministerio de Educación sobre música tendes a oportunidade de facer un percorrido pola Historia da Música como se estivésedes dentro dun videoxogo. Animámosvos a que a olledes pois ésta é unha das moitas propostas didácticas que nelas se atopan.

Unidades didácticas - Música teatral - Instrumentos musicais - Melodía - Música contemporánea - Romanticismo e Clasicismo - Renacemento - Baixa Idade Media - Formas Musicais - Organización sonora - Flamenco - Música y tecnología - A voz. Dende este link accederás ás unidades didácticas anterioremente nomeadas, poderalas decargar e tamén ver máis temas.

A disfrutalas!!! Son moi boas. - Todalas unidades didácticas

31/3/11

Teoría

Presentámosvos un espazo dedicado á teoría musical, no que atopamos explicacións dos conceptos, recursos, exercicios, referencias,...

Este tipo de páxinas web serven como ferramenta para a aprendizaxe da parte máis árida da linguaxe musical.

http://www.teoria.com/indice.htm

21/3/11

Papagena explícanos a linguaxe musical!!!

A través do personaxe de Papagena da ópera da Frauta Máxica de Mozart, introdúcennos nos términos da linguaxe musical máis básicos. É unha actividade entretida e moi sinxela, na que se explican de forma moi clara e lúdica os conceptos musicais .

Clica no seguinte enlace para disfrutar do xogo

12/3/11

Xoga coas notas musicais


Happy note é un programa no que podes aprender as notas musicais en clave de Sol e de Fa xogando con elas.

Cancións populares de Europa

Neste enlace, atópase unha base de datos de cancións populares de toda Europa. Danos a opción de elixir o país e escoller unha canción. Unha vez elixida, ofrece de cada canción a partitura, a letra, a partitura coa letra debaixo das notas e a partitura analizada con cores.

É unha páxina moi completa e moi útil.