12/3/11

Pedro e o lobo

Pedro e o lobo é unha composición sinfónica de Sergéi Prokófiev, baseada nun conto popular ruso e feita por encargo coa intención de cultivar os gustos musicais dos nenos. Os intérpretes son o narrador e a orquestra, da que cada instrumento representa un personaxe e ten o seu propio leitmotiv.

Esta obra bríndanos unha ampla gama de formas de levala ás aulas, a través de calquer área de coñecemento.

O CONTO


Miguelanxo Prado fai unha adptación da historia orixinal creada por Prokófiev, ambientada nun bosque galego, nunha atmósfera terrorífica na que se desenvolve este conto de "pánico". As extraordinarias ilustracións de Prado convirten este relato clásico nunha delicia para todos los públicos. Vemos algunha das súas páxinas:


















INSTRUMENTOS
Neste link atoparedes unha proposta de actividades baseadas no conto, para traballar o recoñecemento auditivo e visual dos distintos instrumentos e leitmotivs dos personaxes.

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=1371


Proposta didáctica elaborada polo CEIP Mas Casanovas de Barcelona

DANZA


Outra forma de achegarnos a esta obra é a través do ballet interpretado polos alumnos do Royal Ballet School en 1995, con coreografía de Matthew Hart e narrada polo ilustre bailarín Anthony Dowell, coa música orixinal de S. Prokófiev. Esta versión podedes atopala á venda en DVD.

Adxunto o fragmento no que os cazadores tratan de atrapar ao lobo cunha corda. Espero que vos guste.



Neste fragmento vemos unha fermosa charca, na que van aparecendo os personaxes protagonistas, en torno a unha moderna e peculiar árbore, que podemos ver ao fondo.



Outra versión bailada en técnica contemporánea é a de In the wings, con coreografía de Didi Valdman e dirixida por Anne Geenen. Nesta peza mixtúrase a tradición do conto coa modernidade da linguaxe corporal dos bailaríns. Esperamos que vos guste.




CURTAS DE ANIMACIÓN



Disney ten a súa versión para todos os públicos en formato de filme de animación, dirixida por Clyde Geronimi, con música de Edward H Plumb e guión de Eric Gurney e Dick Huemer (1946)

Na versión dobrada ao español a voz é de Raúl Matas. Vemos un dos cortes:



Atopamos outra curta de Pedro e o Lobo gañadora dun oscar en 2008, dirixida por Suzie Templeton e realizada en stop -motion con retoques en 3D.

Non existe ningún diálogo en toda a curta e cada un dos personaxes está representado por un instrumento musical.

Podes mercar o DVD a través de amazon.com. Este é o seu trailer.





No hay comentarios:

Publicar un comentario