Mostrando entradas con la etiqueta CURTAS CON RITMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURTAS CON RITMO. Mostrar todas las entradas

22/4/11

Crebanoces

Con esta historia emocionarémonos coa tenrura de Clara (Marie), a forza e a valentía do Crebanoces e a mezquindade do Rei dos Ratos, nunha fascinante historia de amor e lealtade.

Existen moreas de posibilidades de traballar este ballet nas aulas de música, a través de distintos soportes:


LECTURA
:

Cascanueces
(2006)
Esta atractiva versión de Nick Denchfield, en pop-up pertence á colección Clásicos Fabulosos, para maiores de 3 anos.



CONTOS MUSICADOS
:

El Cascanueces
(Libro con CD)


Este libro da editorial Bellaterra Música, está inspirado no relato de Hoffmann.

No CD podemos escoitar a narración do conto e as músicas adaptadas para un grupo de cámara da Suite do ballet El Cascanueces, op. 71a, que inclúe: a Obertura, a Marcha, a Danza da Fada de Azucre, a Danza Rusa Trepak, a Danza Árabe, a Danza China, a Danza dos Mirlitóns e o Valse das frores.

Está pensado para rapaces a partir dos 6 anos.

Cascanueces (con CD):


Nesta edición do 2006, o coñecido conto de fadas vai acompañado máxicas ilustracións cheas de vida e dun completo CD de música, no que se inclúe a narración do relato.

Editorial Malsinet



CONTO MUSICADO CON IMAXES

A web musicaeduca.es ofrécenos esta idea de Eva Alonso, con ilustracións de José Rubio Malagón e produción de Ismael Pantaleón.
Enlace



CURTAMETRAXE:
Cascanueces (1973) é unha curta dirixida e escrita por Boris Stepanstev, realizada nos estudos Soyuzmultfilm.
Trátase dunha peli sen diálogos, con escenarios debuxados a man e personaxes superpostos, coa música do ballet, composta por P.I. Tchaikovsky como banda sonora.



PELÍCULA:

El príncipe Cascanueces (1994) é un filme de animación 2D, da produtora Goodtime, dirixido por Toshiyuki Hiruma Takashi.

Esta longametraxe fai que esta historia de eterno Nadal cobre vida a través de novos personaxes animados. Todos os nenos quedarán encantados cando o Crebanoces leve a Marie a visitar o seu reino marabilloso, no que navigarán polo Río de Mel, comerán estrelas fugaces convertidas en doces ciruelas, pasearán a través do Bosque de Nadal e bailarán no Castelo de Mazapán.




El príncipe cascanueces
(1990) é tamén unha peli da Warner Bros, producida por Manga Films e dirixida por Paul Schibli.








El Cascanueces Chiflado
(1999) é unha película estadounidense de animación, dirixida por Harold Harris.
Esta versión da un novo, divertido e tolo xiro ao popular conto de Hoffman.

PARA PARTIRTE DE RISA!!



O BALLET

O ballet (1892) está baseado nos relatos de E.T.A. Hoffman, con libreto de Marius Petipa, coreografía de Lev Ivanov
e música de P. I. Tchaikovsky.

Vemos un fragmento do principio do ballet, interpretado polo Royal Ballet de Londres (2008) no Covent Garden.



19/4/11

Bolero de Ravel

Bolero é unha obra musical creada polo compositor francés Maurice Ravel, estreada na Opera Garnier de Paris en 1928, con coreografía de Bronislava Nijinska e decorados de Alexandre Benois, encargada pola empresaria e bailarina Ida Rubinstein, quen interpretaría o rol principal.

Foi inspirada nunha danza española e caracterízase por un ritmo e un tempo invariables, con unha melodía repetitiva na que se van engadindo os instrumentos por acumulación.

Atopamos esta peza en distintos formatos, que poden servirnos de soporte para levar a audición ás nosas aulas. Mostramos algúns exemplos:

A Danza española:
Éste é un fragmento da coreografía de Antonio Gades Bolero:



A Danza Contemporánea:
Maurice Béjart tamén coreografiaría a melodía de Ravel. Neste vídeo podemos ver a interpretación da bailarina francesa Sylvie Guillem.



Curtametraxe
:
Esta curta forma parte de la película Allegro non troppo escrita, dirixida e debuxada por Bruno Bozzetto en 1977



Banda "movidita":
Esta versión da DCI Blast é moi peculiar. Paga a pena botarlle unha ollada.



Con gaita:
Tamén atopamos a versión interpretada por Carlos Núñez á gaita, na compaña da Orquestra Fuzileiros de Rio de Janeiro.

21/3/11

Amademouse

Amademouse (1991) é o episodio 19 da colección Tom & Jerry Kids, na que os protagonistas interpretan ao piano para un monarca repertorio de Beethoven, Debussy, Mozart, Chopin e Strauss. Recoñeces as melodías?

20/3/11

Pink, plunk, plink



Pink, plunk, plink
- melodía en rosa (1966) é o episodio da Panteira Rosa no que executa a 5ª Sinfonía de Beethoven ao violín.

A Corny Concerto

A Corny Concerto- Un concerto cursi (1943), dirixida por Bob Clambet, foi a resposta a modo de parodia do equipo da Warner Bros á Fantasía de Disney. Nesta curtametraxe Elmer é un director de orquestra que introduce os dous fragmentos musicais de Johann Strauss Tales from the Viena Woods e Blue Danube

19/3/11

Long haired hare

Long-haired Hare (1948) é unha curtametraxe da Warner Bros, dirixida por Chuck Jones, na que Bugs Bunny se fai pasar polo famoso director de orquestra Leopold Stokowski, incomodando a un asustado tenor a quen obriga a interpretar pezas de Gaetano Donizetti, Richard Wagner, Franz Von Su pp é e GioacchinoRossini.



Tocata e Fuga en re m

Leopold Stokovski, personaxe ao que suplanta Bugs na curta anterior, nesta ocasión é director desta versión para orquestra sinfónica da Tocata e Fuga en Re m de J. S. Bach, para a película Fantasía, de disney.

What´s Opera, Doc?

What's Opera, Doc? (1957) é unha curtametraxe dirixida por Chuck Jones para a Warner Bros, na que Elmer persegue a Bugs nunha parodia ás óperas de Richard Wagner. Durante os seis minutos que dura a peza podemos escoitar extractos de O holandés Errante, Tannhäusser, A Valquiria ou Sigfrido.

Pincha aquí para ver a curta

17/3/11

El Barbero de Sevilla

Il barbiere di Siviglia é unha ópera bufa de Gioacchino Rossini da que algúns fragmentos foron empregados como tema principal de algunhas curtas de animación. Vemos tres exemplos:

O coello de Sevilla (1950)

É unha curtametraxe de Lonney Tunes, dirixido por Chuck Jones para a Warner Bros, na que Bugs Bunny e Elmer entran nun teatro no que se representará a ópera O Barbeiro de Sevilla.



O Paxaro Tolo en O Barbeiro de Sevilla
(1944), curta de Univelsal Pictures, dirixida por James Culhane, na que o paxaro cólase na peluquería de Tony Fígaro e afeitalle a barba a un home ao ritmo da aria Largo al Factotum



O gato abaixo e o rato arriba (1964) é unha curtametraxe da Metro Golwyng Mayer, na que Tom, que é un gran Barítono, cantará o aria Largo al Factotum da ópera O Barbeiro de Sevilla.

Johann Mouse

Johann Mouse é unha curtametraxe dirixida por Hanna e Barbera, gañadora dun Oscar. A historia está ubicada en Viena e inspirada no compositor J Strauss II. Esperamos que vos guste.

2ª Rapsodia Húngara de Liszt

A Rapsodia húngara n.º 2 é a máis famosa das dezanove Rapsodias que compuxo Liszt. A obra consta de dúas partes: Lassan (lento) e Friska (fresco rápido)

The Cat Concerto (1946) é unha curta animada da serie Tom e Jerry, dirixida por William Hanna e Joseph Barbera, gañadora dun Oscar.

Tom, un virtuoso do piano, está a dar un recital no que interpreta a 2ª Rapsodia Húngara de Franz Liszt.



Rapsody Rabbit (1946)
Nesta curta Bugs Bunny interpreta ao piano a Rapsodia nº 2 de Liszt.

Baton Bunny (1959)
Atopei esta outra curta curtametraxe de Bugs Bunny, na que dirixe a mesma melodía para orquestra. Unha mosca non cesa de incordiar e, ao ritmo da música o vai perseguindo, cometendo todo tipo de estropicios ata rematar coa orquestra, o público e, incluso, coa arquitectura do auditorio. Espero que vos guste:



Vodafone fai uso da Rapsodia nº 2 de Liszt para o seu spot publicitario, no que os usuarios executan a peza sobre os seus ordenadores portátiles e móbiles, dirixidos por un lonxano conductor de orquestra.

16/3/11

A Traviata en plastilina

Esperamos que disfrutedes deste pequeno corto da Traviata no que as figuras de plastilina seguen o ritmo da música. É moi visual e divertida. A DISFRUTALA!!!!!

13/3/11

Lago dos Cisnes

Investigando na rede atopei unha simpática curta de Wil Mobberley sobre o fragmento dos pequenos cisnes, do ballet O Lago dos Cisnes, interpretado por uns habilidosos imperdibles. Esperamos que vos guste:



A versión que se conserva deste ballet, coreografiado por Lev Ivanov e Marius Petipa en 1895, con música de P. I. Tchaikovsky, podemos vela neste vídeo interpretado polo corpo de baile da Ópera de París.

12/3/11

Music Land

Music Land (1935) é unha curta de Disney, que pertence á colección Silly Symphonies, na que todos os personaxes e a ambientación están relacionados coa música. A historia enfronta á Terra da Sinfonía coa Illa do Jazz, separados polo mar da discordia. Esperamos que vos guste



A curta sérvenos de introducción para traballar os instrumentos da orquestra e dunha banda de jazz.

Para traballar os instrumentos da orquestra sinfónica plantexamos este xogo (da orquestra de Euskadi), que esperamos que sexa do voso interese.

http://www.euskadikoorkestra.es/web/juegos/aula_musica/eu/JUEGO_01_C.SWF

Con este outro xogo (extraído da biblioteca de “grillosinfónico”) podemos recoñecer auditivamente os sons dos instrumentos da orquestra

http://www.misionesmusicales.org.ar/grillosinfonico/biblioteca/activOnline/flash/orchestraInstru.swf

The band concert

The band concert (1935) é unha curta na que Mickey Mouse é o director dunha banda de música, formada por un clarinete, un trombón, unha trompeta, unha tuba e uns timbais. Estes están a interpretar a obertura de Guillemo Tell, cando irrumpe o Pato Donald para distraelos coa súa frauta, tocando Turkey in the straw.



Podemos cantar e bailar cos rapaces a canción Turkey in the straw (El pavo en la paja) famosa canción folklórica dos EEUU, como vemos neste vídeo filmado en Disney World.

Pedro e o lobo

Pedro e o lobo é unha composición sinfónica de Sergéi Prokófiev, baseada nun conto popular ruso e feita por encargo coa intención de cultivar os gustos musicais dos nenos. Os intérpretes son o narrador e a orquestra, da que cada instrumento representa un personaxe e ten o seu propio leitmotiv.

Esta obra bríndanos unha ampla gama de formas de levala ás aulas, a través de calquer área de coñecemento.

O CONTO


Miguelanxo Prado fai unha adptación da historia orixinal creada por Prokófiev, ambientada nun bosque galego, nunha atmósfera terrorífica na que se desenvolve este conto de "pánico". As extraordinarias ilustracións de Prado convirten este relato clásico nunha delicia para todos los públicos. Vemos algunha das súas páxinas:


















INSTRUMENTOS
Neste link atoparedes unha proposta de actividades baseadas no conto, para traballar o recoñecemento auditivo e visual dos distintos instrumentos e leitmotivs dos personaxes.

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=1371


Proposta didáctica elaborada polo CEIP Mas Casanovas de Barcelona

DANZA


Outra forma de achegarnos a esta obra é a través do ballet interpretado polos alumnos do Royal Ballet School en 1995, con coreografía de Matthew Hart e narrada polo ilustre bailarín Anthony Dowell, coa música orixinal de S. Prokófiev. Esta versión podedes atopala á venda en DVD.

Adxunto o fragmento no que os cazadores tratan de atrapar ao lobo cunha corda. Espero que vos guste.



Neste fragmento vemos unha fermosa charca, na que van aparecendo os personaxes protagonistas, en torno a unha moderna e peculiar árbore, que podemos ver ao fondo.



Outra versión bailada en técnica contemporánea é a de In the wings, con coreografía de Didi Valdman e dirixida por Anne Geenen. Nesta peza mixtúrase a tradición do conto coa modernidade da linguaxe corporal dos bailaríns. Esperamos que vos guste.




CURTAS DE ANIMACIÓN



Disney ten a súa versión para todos os públicos en formato de filme de animación, dirixida por Clyde Geronimi, con música de Edward H Plumb e guión de Eric Gurney e Dick Huemer (1946)

Na versión dobrada ao español a voz é de Raúl Matas. Vemos un dos cortes:



Atopamos outra curta de Pedro e o Lobo gañadora dun oscar en 2008, dirixida por Suzie Templeton e realizada en stop -motion con retoques en 3D.

Non existe ningún diálogo en toda a curta e cada un dos personaxes está representado por un instrumento musical.

Podes mercar o DVD a través de amazon.com. Este é o seu trailer.





11/3/11

O flautista de Hamelin

O Flautista de Hamelin é unha curta de Walt Disney que gañou un Oscar dentro da serie de clásicos animados de onte e de hoxe. Esta inolvidable historia amósanos o poder de atracción da música.

A calidade do vídeo non é moi boa... Aínda así, esperamos que vos guste



Atopamos outras propostas para traballar este relato na aula de música como son os audio libros. Este é un bo exemplo, proposto por LBK multimedia.

9/3/11

Animusic

Animusic é unha compañía americana especializada na animación 3D de música MIDI. Adxunto algúns vídeos para que vexades o resultado, que é bastante curioso.

Pipe dreams


Resonant chamber




Aqua harp



Future retro

One man band

One Man Band (O home orquestra) é unha magnífica curta de Pixar, dirixida por Mark Andrews e Andrew Jiménez. A historia transcorre en Italia, onde vive Bass, un home orquestra que toca nunha praza, gañándose a vida coas moedas que racauda coa súa gorra. Co paso do tempo xurdiralle un competidor co que terá que "rifar" tocando para captar a atención do público.

Agardo que a disfrutedes