Existen moreas de posibilidades de traballar este ballet nas aulas de música, a través de distintos soportes:

LECTURA:
Cascanueces (2006)
Esta atractiva versión de Nick Denchfield, en pop-up pertence á colección Clásicos Fabulosos, para maiores de 3 anos.
CONTOS MUSICADOS:
El Cascanueces (Libro con CD)

Este libro da editorial Bellaterra Música, está inspirado no relato de Hoffmann.
No CD podemos escoitar a narración do conto e as músicas adaptadas para un grupo de cámara da Suite do ballet El Cascanueces, op. 71a, que inclúe: a Obertura, a Marcha, a Danza da Fada de Azucre, a Danza Rusa Trepak, a Danza Árabe, a Danza China, a Danza dos Mirlitóns e o Valse das frores.
Está pensado para rapaces a partir dos 6 anos.
Cascanueces (con CD):
Nesta edición do 2006, o coñecido conto de fadas vai acompañado máxicas ilustracións cheas de vida e dun completo CD de música, no que se inclúe a narración do relato.
Editorial Malsinet
CONTO MUSICADO CON IMAXES

CURTAMETRAXE:
Cascanueces (1973) é unha curta dirixida e escrita por Boris Stepanstev, realizada nos estudos Soyuzmultfilm.
Trátase dunha peli sen diálogos, con escenarios debuxados a man e personaxes superpostos, coa música do ballet, composta por P.I. Tchaikovsky como banda sonora.

El príncipe Cascanueces (1994) é un filme de animación 2D, da produtora Goodtime, dirixido por Toshiyuki Hiruma Takashi.
Esta longametraxe fai que esta historia de eterno Nadal cobre vida a través de novos personaxes animados. Todos os nenos quedarán encantados cando o Crebanoces leve a Marie a visitar o seu reino marabilloso, no que navigarán polo Río de Mel, comerán estrelas fugaces convertidas en doces ciruelas, pasearán a través do Bosque de Nadal e bailarán no Castelo de Mazapán.

El príncipe cascanueces (1990) é tamén unha peli da Warner Bros, producida por Manga Films e dirixida por Paul Schibli.

El Cascanueces Chiflado (1999) é unha película estadounidense de animación, dirixida por Harold Harris.
Esta versión da un novo, divertido e tolo xiro ao popular conto de Hoffman.
PARA PARTIRTE DE RISA!!


O ballet (1892) está baseado nos relatos de E.T.A. Hoffman, con libreto de Marius Petipa, coreografía de Lev Ivanov e música de P. I. Tchaikovsky.
Vemos un fragmento do principio do ballet, interpretado polo Royal Ballet de Londres (2008) no Covent Garden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario