Así fan os bailadores
Así fan os bailadores é un libro moi recomendado como guía para os mestres de educación primaria, xa que contén unha compilación de danzas e bailes tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego.
O libro consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ao vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que servirá de apoio para a execución dos bailes nas aulas.
Os autores do libro son: János Fügedi, profesor na Academia Húngara de Danza e investigador,
Xabier Iglesias, mestre de baile tradicional galego e investigador da cultura tradicional, Juan Parga, músico e mestre especializado en Educación musical e Sergio de la Ossa, etnomusicólogo.
Nesta páxina podedes atopar un exemplo de danza, A Piruxalda, coa súa correspondente explicación, partitura e vídeo.
http://www.dosacordes.com/bailadores/#
No hay comentarios:
Publicar un comentario