Mostrando entradas con la etiqueta CONCERTOS DIDÁCTICOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCERTOS DIDÁCTICOS. Mostrar todas las entradas

18/5/11

Corpus dos nenos en Lugo

Ata o 2 de xuño os espazos encheranse de melodías coa celebración do Festival de Música Cidade de Lugo, tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus, no que se dedica un apartado da programación para os máis pequenos, chamado Corpus dos Nenos, con concertos en familia e talleres de danza.

O primeiro espectáculo para o público infantil será o conto musical Valentino, que terá lugar o sábado 21 de maio, ás 18.00 horas no Círculo das Artes, a cargo do quinteto de vento Pentafonía e da compañía de títeres Seisdedos.

Por outra banda, o sábado 28 ás 11.30 horas impartirase un obradoiro de danza renacentista para maiores de 9 anos, que terá unha duración de dúas horas.

Ás 18h, no auditorio do Conservatorio Profesional de Música, terá lugar o concerto en familia de Saor en Danza, que ofrecerá o espectáculo Orchesographie, ou a conversa entre música e danza, coa presenza da mestra de danza Dolores Fojón, Carlos García Amigo (viola da gamba) e Diego Rojo (laúd), ademáis de seis bailarinas, encargadas de recrear as danzas de época.

29/4/11

Concerto Didáctico Xoán Montes

Xoán Montes. Sóache? é o título das xornadas en homenaxe ao músico galego, que se clausurará hoxe, 29 de abril, na Igrexa de San Pedro de Lugo, ás 20,30h, co concerto didáctico do Coro Solo Voces e a Orquestra Clásica de Xove, no que interpretarán a música vocal de Montes e a Misa in honorem Iacobi Apostoli.

No museo provincial da cidade pódese visitar unha exposición sobre a súa vida e obra, na que están algunhas das súas partituras e incluso a batuta que empregaba para dirixir.

13/3/11

Concertos para toda a familia

macuf1
Unha moi boa proposta de música en familia os domingos alternos de outubro a maio, é o ciclo de concertos didácticos "MÚSICA ANIMADA". Realízanse no Auditorio do Museo de Arte Contemporánea da cidade de Coruña, de 12:30 a 13:30 h. A entrada é libre.

A programación para os vindeiros concertos é a que segue:
  • Domingo 13 de marzo: HISTORIAS A RITMO DE TANGO. Iberiam & Klavier (piano a catro mans)
  • Domingo 27 de marzo: A MÁQUINA DO TEMPO. Grupo de Percusión Attacca
  • Domingo 10 de abril: ALADINO. Jásazar (saxofón, piano e percusión)
  • Domingo 8 de maio: O SOLDADIÑO DE CHUMBO. Matritum Ensemble (piano, frauta, clarinete, violín e violonchelo)
  • Domingo 22 de maio: HANSEL E GRETEL. Tactum Ensemble (piano, frauta, clarinete, violín e violonchelo)
Máis información
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural - Unión Fenosa (MACUF)
Avda. de Arteijo 171, Bj. 15007 A Coruña
Web: http://www.macuf.es/
Correo-e: educacionmacuf@arteyenergia.es

9/3/11

A viaxe de Mido

Conto musical para narrador, fagot, viola, contrabaixo, trompa, trompeta, trombón, tuba e piano a 4 mans, a cargo do profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Recomendado para Infantil e 1º ciclo de primaria.




ARGUMENTO: No país da música, vive un rapaz de oito anos chamado Mido, que enche de música todas as actividades da súa vida. Un día, debido a un feitizo, a música desaparece do país. Unha fada ofrece a Mido a solución para desfacer o feitizo: deberá completar unha melodía que romperá a maxia. Mido emprende entón unha viaxe onde atopará diversos personases que lle axudarán no seu labor. Finalmente, entre todos, conseguirán completar a melodía máxica, romper o feitizo e devolver a música ao país.