Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS. Mostrar todas las entradas

9/10/11

Formación profesorado música y danza


A SOCIEDADE LISZT-KODALY ESPAÑA ofrece cursos on-line homologados para a formacion profesores de música e danza, abranguendo temáticas como a harmonía, o método Kodaly, a historia da danza, o método Feldenkrais ou a composición.

Nesta páxina poderás completar a información sobre os distintos cursos

18/9/11

Plan de formación do profesorado IFIDMA

O Plan de Formación do Profesorado que IFIDMA presentou para o segundo semestre do 2011 inclúe un total de 23 cursos on-line, distribuidos nas diferentes áreas educativas, principalmente música e outras disciplinas relacionadas coas humanidades.

Os cursos son homologados e podedes atopalos na web do conservatorio virtual.


30/5/11

Verán folke de Poio (Pontevedra)

O Centro Galego de Música Popular aCental Folque e o Concello de Poio asociáronse un ano máis para levar a cabo o programa Verán Folque no municipio. É unha iniciativa dirixida aos nenos e que oferta clases e actividades lúdicas relacionadas coa música popular galega. Desenvolverase do 4 ao 15 de xullo a no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, de luns a venres (de 10 a 13.30 horas). Os destinatarios son os nenos de Primaria (de 6 a 12 anos) e o prezo é de 20 euros. A inscrición está aberta no Concello. Os obxectivos da actividade son potenciar a capacidade creativa dos nenos e achegalos á música popular a través de xogos e actividades lúdicas.





Os interesados en participar deben inscribirse antes do 15 de xuño no Concello (Praza do Mosteiro 1, Convento de San Xoan 36995; 986 770 001-986 770 038) ou a través do correo electrónico da Concellería de Cultura (concellariadecultura@concellodepoio.es)

27/4/11

Curso: Conciencia e Armonización Corporal‏

O Concello de Meaño destaca pola afeizón musical da súa poboación. De feito, ten unha banda de música das máis antigas de Galicia (Banda Unión Musical de Meaño), unha escola municipal onde están matriculados máis de 100 rapaces e rapazas, e varias agrupacións folclóricas. Ademais, coa colaboración das diversas asociacións, organizan variadas actividades de difusión músico-cultural: festivais, concertos, conferencias, masterclass...


A súa última proposta é o curso de CONCIENCIA E ARMONIZACIÓN CORPORAL. Está destinado a estudantes ou profesionais da música en grao medio/profesional. A relatora é Mª Ángeles Roca Martínez (Licenciada en pedagoxía, Titulada en psicomotricidade polo I.S.R.P. de Paris e Diplomada en eutonía polo Instituto Internacional de Eutonía).

Traballarase a liberación das tensións, a postura e o movemento, que teñen por finalidade:
-Desenvolver a conciencia corporal.
-Descubrir e profundizar no coñecemento do propio ton muscular, como soporte da postura e o movemento.
-Descubrir as posibilidades de modificación tónica para reducir as tensións innecesarias e adaptar o ton ás diferentes situacións e actividades.

-Mellorar a capacidade para entrar en contacto cos outros, tanto no ámbito das relacións persoais como profesionais.
-Prevención de patoloxías asociadas ás prácticas corporais: deporte, danza, instrumentación musical, etc.
-Aumentar as posibilidades expresivas do movemento.


Datas: 6-7 e 8 de Maio

Lugar: Casa de Cultura de Xil. Meaño (Pontevedra)

Escola de Música Municipal de Meaño

Información: www.concellodemeano.com