
Aproveitando a próxima estrea da cuarta entrega da saga de Piratas del Caribe decidimos elaborar un conto musicado sobre un dos temas de maior interese do alumnado de primaria, o mundo dos tesouros e dos piratas.
As protagonistas da historia son as tres fillas do temido Capitán Jack Sparrow, que atopan un vello mapa que sinala o escondite dun tesouro. Éstas non dubidan en surcar a mar na súa procura, atopando no camiño distintos personaxes da nobreza española, un gobernador, unha taberneira e outros piratas cos que vivirán emocionantes aventuras.
A videomontaxe non pretende narrar a historia, senón que será un punto de apoio que servirá como decorado para a nosa aventura pirata.
Agardamos que vos guste
Ficha técnica
Música: Hans Zimmer, Klaus Badelt, Ludwig Minkus e Sergéi Prokófiev.
-Inicio: Tema Jack Sparrow, da BSO da película O cofre do home morto- Hans Zimmer
- Navío á vista: música do ballet A Bela Durminte, Tchaikovsky
- Nobreza española: Gavotta non troppo allegro, 3º movemento da Sinfonía Clásica de Sergéi Prokófiev
- Taberna: Tema Walk The Plank, da BSO da película A maldición da Perla Negra- Hans Zimmer, Klaus Badelt
- Fadas brancas: Tema Davy Jones, da BSO da película O cofre do home morto- Hans Zimmer
- Corsario Negro- música do ballet La Bayadére- Ludwig Minkus
- Final- Tema The Black Pearl - da BSO da película A maldición da Perla Negra - Hans Zimmer, Klaus Badelt
Narración: Pablo De Valenzuela.
Selección musical e guión: Rita Bouzada e Gemma Martínez. Conto baseado nas películas de Piratas del Caribe.
Montaxe de son e vídeo: Cristina Lata. Para a montaxe de vídeo empregáronse imaxes das películas de Piratas do Caribe e outras secuencias animadas en 3D por Fernando de Valenzuela.
Proposta didáctica
O conto poderá traballarse a partir dunha produción artística, de forma interdisciplinar, onde estean implicadas as seguintes materias:
- Lingua e literatura: a través da lectura de textos sobre piratas e a elaboración do guión do conto.
En LINGUA ESPAÑOLA temos a proposta da editorial Everest: un cofre do tesouro que agocha dous libros da colección de Jack Sparrow, xunto cos elementos necesarios para poder vivir as aventuras deste famoso pirata (mapa do tesouro, parche pirata...)
En LINGUA GALEGA, un exemplo en verso é o conto "O PIRATA METEPATA" (Bahía Edicións).
- Coñecemento do medio: a través da contextualización histórica do momento no que viviron os piratas, así como tamén a incidencia destes no panorama galego (por exemplo o pirata Drake na Coruña)
- Educación para a cidadanía: partindo dun xogo de rol no que a metade da clase sexan piratas e a outra metade da nobreza española, incidindo nas características de cada un dos personaxes e as súas particularidades nas vestimenta, costumes, modos de falar e de comportarse,…
- Educación visual e plástica: na que se traballarán os decorados e o vestiario para a escena.
- Educación física: na que se estudarán os distintos personaxes do conto e a súa dramatización.
- TIC: poderán traballar gravación dos sons e as partes narradas, ás que se lles poderá incluír algunha imaxe de fondo.
- Educación musical: na que se traballará:
1. A percepción musical e a escoita activa das melodías a empregar para o conto, discernindo os distintos carácteres dos instrumentos, que nos axudan a representar emocións ou a describir situacións concretas. Por exemplo:
· Navío a la vista: sección de vento metal (carácter do instrumentos de metal, fortes e poderosos, comandados pola trompeta, de son especialmente brillante e a trompa, que destaca por representar as batallas)
· Corsario negro: sección metal (destacan trombóns, carácter grave, escuro).
· Canción do soño: son envolvente, delicado, que recorda as caixiñas de música,de carácter tranquilo e ensoñador.
· Música de taberna: sección de corda, representando carácter popular e festivo, de celebración, moi rítmico, que invita ao movemento.
2. Traballaranse os distintos sons que ambientan a peza
3. Estudo das danzas e os momentos pantomímicos das tres piratas, da taberna, das fadas brancas e do Corsario Negro e seu séquito de piratas.
4. Interpretación instrumental
· Adaptación para grupo de placas da parte do soño
· Traballar un arranxo do tema principal da película Piratas del Caribe con frauta doce. Éste está insertado desde o noteflight.
Para facilitar o seguimento e a execución da partitura, as TROTAMÚSICAS elaboramos un vídeo-musicograma, baseado na proposta de Juan Fran Moreno.
Finalmente poderían facer unha posta en escena do traballo, no que se verá un resultado global froito da colaboración entre o grupo de mestres/as e de alumnos/as.
Precioso traballo!! Parabéns e moito ánimo para seguir facendo propostas nestas liña. E, sobre todo, GRACIAS POR COMPARTIR O RESULTADO DO VOSO ESFORZO!!
ResponderEliminar