O Centro Galego de Música Popular aCental Folque e o Concello de Poio asociáronse un ano máis para levar a cabo o programa Verán Folque no municipio. É unha iniciativa dirixida aos nenos e que oferta clases e actividades lúdicas relacionadas coa música popular galega. Desenvolverase do 4 ao 15 de xullo a no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, de luns a venres (de 10 a 13.30 horas). Os destinatarios son os nenos de Primaria (de 6 a 12 anos) e o prezo é de 20 euros. A inscrición está aberta no Concello. Os obxectivos da actividade son potenciar a capacidade creativa dos nenos e achegalos á música popular a través de xogos e actividades lúdicas.
Os interesados en participar deben inscribirse antes do 15 de xuño no Concello (Praza do Mosteiro 1, Convento de San Xoan 36995; 986 770 001-986 770 038) ou a través do correo electrónico da Concellería de Cultura (concellariadecultura@concellodepoio.es)
No hay comentarios:
Publicar un comentario