27/4/11

Curso: Conciencia e Armonización Corporal‏

O Concello de Meaño destaca pola afeizón musical da súa poboación. De feito, ten unha banda de música das máis antigas de Galicia (Banda Unión Musical de Meaño), unha escola municipal onde están matriculados máis de 100 rapaces e rapazas, e varias agrupacións folclóricas. Ademais, coa colaboración das diversas asociacións, organizan variadas actividades de difusión músico-cultural: festivais, concertos, conferencias, masterclass...


A súa última proposta é o curso de CONCIENCIA E ARMONIZACIÓN CORPORAL. Está destinado a estudantes ou profesionais da música en grao medio/profesional. A relatora é Mª Ángeles Roca Martínez (Licenciada en pedagoxía, Titulada en psicomotricidade polo I.S.R.P. de Paris e Diplomada en eutonía polo Instituto Internacional de Eutonía).

Traballarase a liberación das tensións, a postura e o movemento, que teñen por finalidade:
-Desenvolver a conciencia corporal.
-Descubrir e profundizar no coñecemento do propio ton muscular, como soporte da postura e o movemento.
-Descubrir as posibilidades de modificación tónica para reducir as tensións innecesarias e adaptar o ton ás diferentes situacións e actividades.

-Mellorar a capacidade para entrar en contacto cos outros, tanto no ámbito das relacións persoais como profesionais.
-Prevención de patoloxías asociadas ás prácticas corporais: deporte, danza, instrumentación musical, etc.
-Aumentar as posibilidades expresivas do movemento.


Datas: 6-7 e 8 de Maio

Lugar: Casa de Cultura de Xil. Meaño (Pontevedra)

Escola de Música Municipal de Meaño

Información: www.concellodemeano.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario