29/4/11

Concerto Didáctico Xoán Montes

Xoán Montes. Sóache? é o título das xornadas en homenaxe ao músico galego, que se clausurará hoxe, 29 de abril, na Igrexa de San Pedro de Lugo, ás 20,30h, co concerto didáctico do Coro Solo Voces e a Orquestra Clásica de Xove, no que interpretarán a música vocal de Montes e a Misa in honorem Iacobi Apostoli.

No museo provincial da cidade pódese visitar unha exposición sobre a súa vida e obra, na que están algunhas das súas partituras e incluso a batuta que empregaba para dirixir.

1 comentario:

  1. Non sabía eu isto da exposición, sempre me entero de algo novo por estes lares....
    Saúdos

    ResponderEliminar