18/5/11

Corpus dos nenos en Lugo

Ata o 2 de xuño os espazos encheranse de melodías coa celebración do Festival de Música Cidade de Lugo, tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus, no que se dedica un apartado da programación para os máis pequenos, chamado Corpus dos Nenos, con concertos en familia e talleres de danza.

O primeiro espectáculo para o público infantil será o conto musical Valentino, que terá lugar o sábado 21 de maio, ás 18.00 horas no Círculo das Artes, a cargo do quinteto de vento Pentafonía e da compañía de títeres Seisdedos.

Por outra banda, o sábado 28 ás 11.30 horas impartirase un obradoiro de danza renacentista para maiores de 9 anos, que terá unha duración de dúas horas.

Ás 18h, no auditorio do Conservatorio Profesional de Música, terá lugar o concerto en familia de Saor en Danza, que ofrecerá o espectáculo Orchesographie, ou a conversa entre música e danza, coa presenza da mestra de danza Dolores Fojón, Carlos García Amigo (viola da gamba) e Diego Rojo (laúd), ademáis de seis bailarinas, encargadas de recrear as danzas de época.

No hay comentarios:

Publicar un comentario