Con motivo desta conmemoración a canle de tv ARTE ofrece durante todo o sábado 7 de maio unha programación especial, centrada en contidos de Ópera.
O vindeiro 8 de maio o Teatro Liceu de Barcelona organiza unha Xornada de Portas Abertas, desde as 10h ata as 18h, para festexar este día sinalado. Poderanse visitar os espazos emblemáticos do teatro e disfrutar de actuacións musicais.
Cada ano a ópera sae a rúa sen previo aviso, a través de agrupacións que se poñen a cantar en mercados, aeroportos, bares,... Podemos ver un exemplo neste vídeo, que recolle as imaxes desta celebración nun bar de Pamplona.
Neste ano 2011, este día europeo da ópera celébrase baixo o lema "jóvenes orejas", que non son só as dos nenos, senón as de todo aquel que se achega por primeira vez a este tipo de música sen prexuizos.
Unha boa forma de achegar este xénero aos máis pequenos da casa é a través desta páxina, na que atopamos distintas propostas para presentar a ópera dunha forma atractiva e lúdica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario