
A historia transcorre en Londres a principios do S XX, no seo dunha típica familia inglesa, aparentemente perfecta. Os nenos son o pesadelo de todas as nanis que pasan pola Rúa do Cerezo nº17, ata que chega Mary Poppins (Julie Andrews), cambiando a vida desta familia para sempre, amosándolles cales son as cousas realmente importantes.
Esta é unha boa peli para ver, escoitar e participar dela a través das súas cancións, coreografías ou dramatizacións.
Este é un exemplo de partitura que poderíamos levar a aula dunha das cancións máis salientables do filme. O aranxo está feito por Mª Jesús Camino, e recollido do blog http://partituraskikirikoko.blogspot.com/, no que atoparedes outros exemplos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario