En Cataluña festéxase o Día de Sant Jordi no que a tradición marca que os mozos regalen rosas ás súas namoradas e as mozas entreguen un libro como obsequio a cambio.
Nunha data tan sinalada recomendamos unha serie de novidades en libros, relacionadas co noso tema, a MÚSICA:

El asesinato del profesor de música (2011) de Jordi Sierra i Fabra.
Trátase dunha novela para maiores de 12 anos, na que un profesor de música é secuestrado, froito dunha siniestra aposta. Tres dos seus alumnos son designados polo criminal para resolver as pistas do macabro xogo e salvar a vida do mestre, poñendo en práctica todos os seus coñecementos de linguaxe musical para chegar a tempo de evitar o desastre.

O libro contén seis unidades didácticas, cada unha con unha escena da obra Sinfonía Teatral, unha divertida historia na que cada neno é un personaxe dunha apaixonante viaxe.
Está presentado por grandes xenios como Beethoven, Elvis Presley, John Lennon e Louis Amstrong.
O teatro e a música ofrécennos un proxecto interdisciplinar con diversas actividades e audicións de diferentes estilos, épocas e lugares (pop, clásica, rock, música étnica...).

El maravilloso mundo de la música: un alegre viaje de descubrimiento al mundo musical (2011), escrito por Kurt Pahlen, é unha introducción á música para nenos e adolescentes, a través de divertidos e vivos diálogos entre un grupo de rapaces e o seu profesor de música.
Kurt Pahlen -director de orquestra e autor de varias obras, que teñen como finalidade espertar no lector de estas páxinas a paixón e o interese polo marabilloso mundo da música.
¡Qué libros tan interesantes! sobretodo el del asesinato... es muy curioso.
ResponderEliminarGracias por compartirlos.