Fantasía (1940) é un clásico dos estudos Disney, no que a animación ilustra oito pezas de música clásica, interpretadas pola orquestra de Filadelfia. A película, que non tivo moito éxito tras a súa estrea, foi considerada de carácter experimental xa que non aparecen diálogos (salvo o director de orquestra e Mickey Mouse)
Hoxe en día é un recurso máis para transportarnos a outros mundos e personaxes na nosa aula de música.
O vídeo que adxunto corresponde coa escena máis coñecida da película, O aprendiz de bruxo, na que utilizan un escenario presentado no poema Der Zauberlehrling (Goethe) e música de Paul Dukas (1899).
Disfrutádeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario