25/4/11

A PDI na clase de música

Co auxe das TIC´s, que mellor que poder introducilas tamén coa música, para que de forma máis lúdica poidan ir asimilando conceptos musicais básicos. Dende aquí faise unha proposta de diferentes webs nas que se poden obter materiais para utilizar coa PDI na vosa clase de música.

PDi música, é unha páxina moi interesante, o único problema e que non é libre para poder descargar os contidos que ten organizados por bloques, senón que hai que facer unha suscripción. Pero polo demáis vale a pena.
En clave Tic amósanos diferentes xogos para traballar dende a pizarra dixital distintos contidos musicais.
LenMus Phonascus actividades para aprender a ler as partituras e exercitar o oído.
Generador Audiomusic Permite dividir unha canción en partes iguais e facer un puzzle. Divertido para utilizar coa PDI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario