23/3/12

Aracaladanza de xira por Galicia


A compañía Aracaladanza, despois de actuar o pasado 24 de marzo no teatro Rosalia Castro, da Coruña, continuará presentando o seu espectáculo Nubes o 31 de marzo en Pontevedra, o 8 de abril en Ourense, o 14 de abril en Ferrol e o 29 de abril en Vigo.

O espectáculo Nubes é unha obra de danza contemporánea coreografiada por Enrique Cabrera, para público infantil e familiar, na que os bailaríns se introducen nun universo inspirado no surrealismo da pintura de René Magritte.

Fantasía, imaxinación e maxia son los ingredientes esenciais do traballo de Aracaladanza, compañía madrileña coñecida por ser a primera que logra obter tres premios MAX nunha mesma edición. No 2010 recibíu o Premio Feten 2010 ao mellor espectáculo.

Éste é un vídeo do seu espectáculo



Merece a pena pasarse polo teatro.

1 comentario:

  1. Realmente hay mentes prodigiosas. Siento envidia de no tener el don de poder crear cosas tan bonitas como estas.

    ResponderEliminar