4/11/11

O vento que zoa


A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega presentou un novo portal temático, O vento que Zoa, dedicado a artistas galegos, que pretende servir como ferramenta para que o público que o desexe poida coñecer a nosa música a través de diferentes compositores e intérpretes.

Cada músico que se presenta asóciase a un artista plástico galego. A unión non é azarosa. Xorde de sincronías históricas e de coincidencias nas sensibilidades estéticas, de afinidades persoais e de emotividades compartidas.

Na web atoparedes información de seis artistas galegos: Manuel Quiroga, Andrés Gaos, Marcial del Adalid Gurrea, Rogelio Groba, Octavio Vázquez e Fernando Buide, aínda que a intención é ir paulatinamente engadindo novos músicos á plataforma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario