5/10/11

San Froilán Miúdo

O Concello de Lugo aposta un ano máis por incluir un grande abano de espectáculos para nen@s entre a programación das festas de San Froilán 2011.

O San Froilán Miúdo (ata agora coñecido como San Froilanciño) desenvolverase nos Xardíns da Deputación e na Praza de Campo Castelo.

Presentan un cartel formado por doce espectáculos que comezarán o 5 de outubro e rematarán o 12.

As pezas están pensadas para toda a familia, incluindo na programación unha grande variedade de disciplinas artísticas, como a danza, a música, o clown, o circo,...

Deixamos o programa completo por se fora do voso interese

- Mércoles 5– Cía Malabaranda: Residúo (12.30 horas e 18.00 horas)
- Xoves 6– Asacocirco: Casal em Risco (18.00 horas)
- Venres 7- Teatro no Miolo: Edificio Estropicio (18.00 horas)
- Sábado 8- Almudena Janeiro: Contos en Cantos (12.30 horas e 18.00 horas)
- Domingo 9– Peter Punk: Peter Punk y el Niño Imperdible (12.30 horas e 18.00 horas)
- Lunes 10 Pés Ceibes: Pin Pam (18.00 horas)
- Martes 11 – Conservatorio Profesional de Danza de Lugo (18.00 horas)
- Miercoles 12– Palimoco: Queres que cho conte? (12.00 horas e 18.00 horas)

Os días 5 e 12 poderán desfrutar na Pza de San Marcos do grupo de animación Gostoso Pa.

Programa San Froilán 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario