21/4/11

Los chicos del coro

Los chicos del coro (2004) é unha película francesa dirixida por Christophe Barrie, chea de tenrura e paixón pola música.

A longametraxe amosa a dor dun rapaz que ten que separarse dos seus pais e ir a un lúgubre internado. Clément Mathieu, o novo profesor, iluminará o lugar coa súa música, dirixindo un coro formado polos seus alumnos.

O filme ensina valores e amosa o poder e a beleza da música, polo que podería ser unha boa idea recomendala aos alumn@s ou visionala na propia clase.

A mestra cántabra Mª Jesús fai algunhas propostas de cancións da película para traballar nas aulas, a partir de partituras de karaokes. Deixamos o link para que lle botedes un ollo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario