Como se compón unha canción pop?
Como se poden aproveitar as novas tecnoloxías para gravala e compartila co resto do mundo?
A estas cuestións responde a actividade Detrás da canción, na que integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer a trastenda do proceso creativo.
Ésta é unha actividade destinada a mozos e mozas a partir de 12 anos, cun total de 50 horas, que pretende ensinar a compoñer e gravar cancións en lingua galega, cunha mínima calidade.
As inscricións poden facerse na web:
www.detrasdacancion.info
Por outra banda ofrecen un concerto acústico da man de The Homens e Projecto Mourente, no que combinan a melodía pop co punk e os retrousos cantables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario