31/3/11

Paisaxes sonoras de Galicia

Como soa o mercado de Fisterra? E os ferreiros de Riotorto? Que se escoita dende o parque das Illas Atlánticas? Todo isto e moito máis relacionado coas paisaxes sonoras da nosa terra podédelo atopar na web Escoitar.org, un proxecto que forma parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo. As súas actividades céntranse en:
*Conservación da Memoria Sonora de Galiza
*Posta en valor do patrimonio cultural inmaterial
*Restauración/dixitalizacón do Arquivo Sonoro de Galiza
*Seminarios/obradoiros para promocionar e fomentar o fenómeno sonoro.
*Fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro.
*Traballo de campo/gravación e contextualización dos sons ambientais de Galiza a partir do punto de vista artí­stico, etnomusicolóxico, bioacústico e antropolóxico.


Disfrutade do paseo sonoro!!

2 comentarios: