13/3/11

Os instrumentos musicais na tradición galega

Os instrumentos musicais na tradición galega é unha enciclopedia do noso patrimonio cultural, resultado dunha investigación longa e rigorosa feita polo profesor Pablo Carpintero Arias que conta cos deseños de Xoán Ramón Marín Martínez.

A obra sae amparada polo proxecto Ronsel, de recuperar o patrimonio inmaterial de Galicia e ven constituír unha novidade pola súa complexidade e riqueza de contidos.

Nesta obra descríbese cada instrumento, como se constrúe ou de onde se obtén, así como tamén o xeito de tocar ou a orixe de cada un deles.

Podemos ver a entrevista a Pablo Carpintero no programa ALALÁ da TVG, onde explica máis polo miúdo o contido do seu libro.

O Consello da Cultura Galega presentou unha ampla versión interactiva e multimedia do libro orixinal. O Arquivo Sonoro de Galicia promoveu esta ambiciosa web que permite coñecer en detalle máis de 150 instrumentos do acervo tradicional de Galicia

http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/presentacion/

No hay comentarios:

Publicar un comentario