16/3/11

Bits Sonoros

Dentro da colección "SUENA SUENA" (Huidobro e Velilla) adicada á música e ao movemento, atopamos os denominados "Bits Sonoros", que poden empregarse como toma de contacto co mundo sonoro en idades curtas.

Consisten en 82 tarxetas que mostran fotos de diferentes fontes sonoras. Cada unha delas vai acompañada do seu son correspondente, que está grabado nun CD . Estes bits de sons escomezan con aqueles que son cercanos aos nenos, como animais, obxectos e fenómenos da natureza, para pasar logo aos instrumentos musicais co fin de desenvolver e educar a percepción auditiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario