A compañía Aracaladanza presentará o vindeiro venres 8 de abril no pazo da Cultura de Carballo, ás 19,30h, o seu espectáculo Nubes. Ésta é unha obra de danza contemporánea coreografiada por Enrique Cabrera, para público infantil e familiar, na que os bailaríns se introducen nun universo inspirado no surrealismo da pintura de René Magritte.Fantasía, imaxinación e maxia son los ingredientes esenciais do traballo de Aracaladanza, compañía madrileña coñecida por ser a primera que logra obter tres premios MAX nunha mesma edición. No 2010 recibíu o Premio Feten 2010 ao mellor espectáculo.
Pinchando aquí poderás obter máis información sobre a compañía.
É un espectáculo moi recomendado para todos os públicos. Coidamos que poidades ir velo e vos guste.
Esta peza englobarase dentro de Primavera enDanza, ciclo no que poderemos desfrutar de outras coreografías para todos os públicos da man de compañías como La Macana, Solodos e Transit Dansa. Para obter máis información pincha neste link
No hay comentarios:
Publicar un comentario